Non máis plásticos na nosa comida

Campaña de recollida de sinaturas de Greenpeace en prol da redución de residuos.

Os supermercados non paran de engadir capa por riba de capa de plástico nos nosos alimentos, mentres consecuencias tan graves como o asolagamento de plásticos nos mares son cada vez máis evidentes.

Diante da problemática situación, o colectivo ecoloxista Greenpeace convídanos a asinar nesta campaña para solicitarlle ás tendas que se corresponsabilicen desta crise da contaminación por plásticos que axudaron a crear. “Hai 12 millóns de toneladas de plásticos que entran nos océanos cada ano, afogando os ecosistemas, provocando danos en fauna e entrando na cadea alimentaria. É unha invasión plástica!”

A campaña solicítalle aos supermercados que eliminen estes envases de plástico nas froitas e verduras e fornezan de alternativas sostibles para mercarmos os seus produtos, entre outros, a venda a granel.

Podedes asinar aquí a campaña

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*