O videoclip do 50 aniversario do “Cole de Cea”

“O Cole Que Mola” é a canción coa que a comunidade educativa celebra medio século de historia.

“Un cole rural, cheo de vida, que quere seguir así por moitos anos máis. Unha comunidade escolar unida que quere medrar, con máis alumnado, máis familias e máis profesorado. Esforzándose cada día por mellorar a calidade educativa e a convivencia. Un cole no que se aprende a ser mellores persoas, máis sabias e bondadosas e no que nos gusta moito cantar e contar”

Así nolo contan desde o Centro Público Integrado Virxe da Saleta, en Cea, e o vídeo é froito da entrega de toda a comunidade educativa, como froito dun proxecto musical desenvolvido ao longo de todo o curso.

Parabéns!

Velaí os créditos:
? Dirección e Montaxe: David González
? Idea e letra: Martiño Ramos
? Produción e mesturas: David Faílde
?Guitarras: Aitor Salgado
? Batería, teclado e baixo: David Faílde

Letra:
HAI MOITO TEMPO NUN LUGAR RURAL
UNHA ESCOLA VAN INAUGURAR
AS UNITARIAS SON AGRUPADAS.
EN AUTOBÚS IMOS POLA MAÑÁ
COAS AMIGAS GÚSTAME VIAXAR
AO COLE VOU CHEGAR
É HORA DE ENTRAR.
EN INFANTIL EU COMECEI
LEMBRANZAS ALÍ DEIXEI
CHEGOU DESPOIS PRIMARIA,
E MOITO EU MEDREI
NA ESO AO FIN DOU O MELLOR,
E FÁGOME MAIOR
PERO NUNCA ESQUECEREI

ESTE É O COLE DE CEA QUE MOLA
É A NOSA ESCOLA DE ANIVERSARIO
QUE QUERE CUMPRIR MOITOS MÁIS
MIRA, QUE AQUÍ DÍA A DÍA
IMOS APRENDENDO
PRA FACER UN MUNDO MELLOR
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OH
PRA FACER UN MUNDO MELLOR

AGORA VIVO MOI LONXE DE ALÍ
E O RECORDO FAIME SORRIR
O QUE ALÍ APRENDÍN
HOXE FAIME FELIZ
NOSTALXIA CINCUENTA XA
E MÁIS QUE VIRÁN
QUEREMOS VER ISTO MEDRAR,
UN FUTURO PARA O RURAL
A HISTORIA NON REMATOU
ESCRIBÍMOLA TODAS NÓS
AGORA ESCOITA A NOSA VOZ

ESTE É O COLE DE CEA QUE MOLA
É A NOSA ESCOLA DE ANIVERSARIO
QUE QUERE CUMPRIR MOITOS MÁIS
MIRA, QUE AQUÍ DÍA A DÍA
IMOS APRENDENDO
PRA FACER UN MUNDO MELLOR
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OH
PRA FACER UN MUNDO MELLOR

OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
PRA FACER UN MUNDO MELLOR

CEA, CEA, CEA, CEA, CEA

ESTE É O COLE DE CEA QUE MOLA
É A NOSA ESCOLA DE ANIVERSARIO
QUE QUERE CUMPRIR MOITOS MÁIS
MIRA, QUE AQUÍ DÍA A DÍA
IMOS APRENDENDO
PRA FACER UN MUNDO MELLOR
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OH
PRA FACER UN MUNDO MELLOR

OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
OH OH OH OHOH OH OOOOH
PRA FACER UN MUNDO MELLOR

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*