Ollo: prazo aberto deica o 19 de outubro para as propostas do Quero Cantar!

Lembrade que este certame promovido pola Deputación da Coruña está aberto a solistas e bandas, sexan nadas na escola ou fóra dela.

Desde as redes sociais do certame recórdannos que o Quero Cantar non é un certame estritamente escolar. Xa que logo, “o único requisito é axeitarse aos límites de idade, logo as bandas poden formarse nun Ceip ou nun instituto, nunha escola de música, nunha asociación ou simplemente por un grupo de amigas, como fixeron as Máis boas cás patacas”, gañadoras da pasada edición. Lembrámosvos que hai dous niveis. A categoría A: deica os 12 anos; e a categoría B, dos 13 aos 16 anos.

Aquí nos amosan unha das primeiras propostas, chegada desde Cortegada, en Ourense, o título é ‘Quero ser unha árbore’:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*