Combina e móvete!

Lema para a Semana Europea de Mobilidade. Do 16 ao 22 de setembro.

A Comisión Europea elixiu o lema “Combina e móvete!” para a edición 2018 da Semana Europea de Mobilidade (SEM), co obxectivo de animar a cidadanía a usar e combinar diferentes medios de transporte nos desprazamentos urbanos de persoas e mercadorías. A UE quere así promover unha maior eficiencia, rapidez, aforro e sostibilidade.

A SEM ten cada ano entre as súas prioridades a sensibilización sobre as consecuencias negativas para o ambiente do uso irracional do coche nas vilas e cidades. Fronte ao abuso do coche, promóvense os beneficios para a saúde e o medio do uso de transportes máis sostibles como a bicicleta, as viaxes a pé e o uso do transporte público.

Ademais, para o 22 de setembro está convocada unha nova edición do Día sen coches.

Máis información na web da campaña: www.mobilityweek.eu/theme-2018/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*