Publicación do CEIDA como parte do proxecto ‘Un mar de vida para a cidadanía’.
Foi o Ramón Otero Pedrayo xeógrafo quen lle deu o nome de Golfo Ártabro ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo. Forman parte del un total de 16 concellos, e ten máis de 200 km de litoral. Os seus ecosistemas mariños e litorais, moitos deles protexidos, son fogar dunha asombrosa cantidade de seres vivos, incluídos golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, etc.
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar, acaba de editar unha unidade didáctica sobre a Biodiversidade do Golfo Ártabro.
Esta publicación electrónica, dirixida a educadores/as e/ou persoal docente, forma parte do proxecto ‘Un mar de vida para a cidadanía’, que o CEIDA está a desenvolver este 2018 co obxectivo de divulgar a importancia da biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro, ademais de sensibilizar á poboación do enorme valor deste territorio.
Descarga: A Biodiversidade do Golfo Ártabro