Leite, iogur e queixo: un amplo estudo demostra os beneficios cardiosaudables dos lácteos

Unha investigación que abrangue máis de 130 mil persoas en dúas ducias de países avala a recomendación nas dietas.

A prestixiosa revista The Lancet facía público hai pouco os resultados deste estudo, que revisou os hábitos de alimentación de 136.384 persoas en 21 países de cinco continentes. As persoas participantes, con idades de entre 35 e 70 anos, foron estudadas durante unha media de case dez anos. E os resultados aparecen claros: o consumo de lácteos enteiros correlaciónase cun menor risco de mortandade e enfermidade cardiovascular.

O estudo dividía os participantes en catro grupos: persoas que non consumían produtos lácteos, persoas que non os consumían todos os días, persoas que os consumían en cantidade de unha ou dúas porcións diarias e persoas que consumían máis de dúas porcións diarias (arredor de tres porcións, como media).

Segundo indican os investigadores, foron as persoas deste último grupo, o clasificado como de “alta inxesta” de lácteos no estudo, os que amosaron menos probabilidades de morrer por enfermidades cardiovasculares, menos probabilidades de ter un accidente cerebrovascular e menos probabilidade de desenvolveren enfermidades cardíacas importantes.

A investigación contradí as crenzas populares actuais

Segundo o estudo, as porcións medias consideradas eran de 244 gramos para un vaso de leite, 244 gramos para unha cunca de iogur, de 15 gramos para un anaco de queixo e de apenas 5 gramos para unha culleirada de manteiga.

Os resultados da investigación desafían non só crenzas popularizadas nos últimos anos sobre as precaucións cos lácteos enteiros, senón mesmo recomendacións oficiais, como a da propia Asociación Estadounidense do Corazón, que ten publicado que os adultos non deberan exceder tres porcións de lácteos (e baixos en graxa) para non elevar o chamado colesterol “malo”.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*