Narración oral e diversidade funcional/discapacidade

“Contar contos é contar o diverso da vida á diversidade”. O último boletín da Asociación de Profesionais da Narración Oral (AEDA).

No último boletín da AEDA, nº68, fálannos de contarlle a persoas con diversidade funcional a discapacidade, do reto que supón en ocasións e do natural que é sempre, por como coas historias poden conectar as persoas directamente co que a todos nos identifica.

O boletín comeza cun artigo de Néstor Bolaños titulado “A narración oral como arte escénica é inclusiva?”. Tamén se inclúe información sobre o obradoiro que, ao respecto, este profesional levou a cabo en Gran Canaria. Ao fio, o colectivo creou unha “Guía de adaptacións”, aberta e en construción, para contar a persoas con distintos tipos de discapacidade (auditiva, visual, física, intelectual e, aparte, Trastorno do Espectro Autista). A guía pode visualizarse aquí: Narración oral e diversidade: ferramentas para unha narración oral inclusiva.

Por outro lado, Carolina Lesa Brown, especialista en literatura infantil e xuvenil que traballou incorporando a literatura en tratamentos de nenos e nenas con necesidades educativas especiais, relata como podemos aproximar mellor a narración a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA): Cando o corazón non alcanza, amplía e complementa a guía antes mencionada e inclúe unha lista de recursos para introducir imaxes nas sesións. Por último, a narradora Alicia Bululú achega e comparte ligazóns para unha bibliografía inclusiva para narracións diversas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*