III Edición de DivulgaTerra, Petiscos de divulgación científica

Os días 15, 22 e 29 de novembro, no Campus de Lugo da USC.

Divulgaterra é un evento que quere divulgar o traballo que desenvolven as investigadoras e investigadores do Campus Terra, e potenciar o uso do galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.

Trátase dunhas sesións de divulgación científica que este ano se estruturan en tres xornadas temáticas, nas que se van combinar as presentacións breves (10 minutos) sobre investigacións en marcha con charlas divulgativas máis longas (+/- 30 minutos) dedicadas a temas de actualidade relacionados co ámbito temático que centra cada unha das xornadas.

A participación en Divulgaterra está aberta a calquera investigador ou investigadora do Campus que queira presentar en galego e cun ton divulgativo o traballo de investigación que está levando a cabo.

As tres sesións temáticas vanse desenvolver no Auditorio da Casa do Saber (Vicerreitoría do Campus de Lugo) en tres xoves sucesivos do mes de novembro a partir das 19 horas.

  • Ciencias da saúde (15 de novembro)
  • Ciencias e tecnoloxía (22 de novembro)
  • Artes, humanidades, ciencias sociais e xurídicas (29 de novembro)

VÍDEOS DA EDICIÓN ANTERIOR DO DIVULGATERRA

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*