Galicia universal

Castelao. O agrario – “Como queres que che respecte se cheiras a podre?”, 1922-1924. Tinta sobre papel, 28×23,6cm. Colección de Arte Abanca

Deica o 14 de outubro na Cidade da Cultura. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación.

A maior exposición de pezas das coleccións privadas de Abanca e Afundación reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por 150 anos de arte galega. Nela pode contemplarse unha escolma de 192 pezas que abarcan desde o primeiro terzo do XIX ata a actualidade.

As coleccións reflicten á perfección os dous factores que marcaron a construción das artes plásticas galegas desde o século XIX: “identidade” e “universalidade”. A través destes conceptos alúdese a dous elementos singulares para entender a nosa arte: a historia da cultura galega e a súa ligazón co contexto internacional.

As pezas e figuras que conforman esta exposición pertencen aos artistas máis relevantes da historia da arte galega como son Pérez Villaamil, Serafín Avendaño, Sotomayor, Castelao, Maside, Souto, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís, Seoane, Maruja Mallo, Jorge Barbi, Manolo Paz, Francisco Leiro ou Menchu Lamas.

Neste vídeo das redes sociais da institución, Miguel Ángel Cajigal comenta un dos cadros da mostra:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*