Premio á innovación bibliotecaria de Galicia

Biblioteca Intercentros de Lugo / Imaxe: Galipedia

Co obxectivo de impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levados a cabo.

Establécese un único premio de 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da súa biblioteca, no seu blog, na páxina web ou noutros recursos dixitais.

Os proxectos ou boas prácticas que se presenten deben estar xa executados e desenvolvidos por algunha das bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais galegas e relacionados coas seguintes áreas:

– Aprendizaxe ao longo da vida, competencias informacionais e dixitais.

– Biblioteca dixital e redes sociais.

– Cohesión e inclusión social.

– Posta en funcionamento de servizos innovadores.

– Sustentabilidade ambiental.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Prazo aberto deica o 18 de outubro: Toda a información aquí

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*