Material para as aulas que afonda na vida do matemático e nun fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia.
O ano 2017 cumpríronse dous séculos do momento en que o matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) iniciou a elaboración da súa magna obra, a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do noso territorio. Co gallo desa efeméride, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega decidiu preparar un material didáctico que axudase a difundir a relevante contribución de Fontán entre o público xeral e escolar.
O mapa de Fontán sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas. Domingo Fontán, por certo, tal e como recorda Xosé A.Fraga no prólogo deste traballo, foi nomeado Científico Galego 2018 pola Real Academia Galega de Ciencias.
Autores:
Margarita Barral Martínez
Xosé A. Fraga Vázquez
Gonzalo Méndez Martínez
Víctor Pollán Fernández
Julio Rodríguez Taboada
Elena Vázquez Cendón
A unidade didáctica froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias