Día Mundial da Alimentación

Recurso do Caderno Verde para as aulas de inglés.

Cando sobra froita, recorda este consello: é mellor non tirala. Podes facer macedonia de froitas. O mesmo no caso das hortalizas. Podes elaborar ensaladas e outros saborosos pratos. Non tires as sobras! E en último caso, as mondas e as froitas ou vexetais estragados… Sabes que podemos facer con eles?
Tirarémolos ao colector amarelo?
Tirarémolos ao colector verde?
Faremos compost con todo isto?

Esta e outras actividades en compaña das Amigas e Amigos de Vilaverde, no Caderno Verde de Educación Ambiental de Sogama, que esta semana chega cunha ficha didáctica adicada ao Día Mundial da Alimentación, especialmente pensada para a clase de inglés. Entra aquí na ficha titulada World Food Day e usa as frechas para desprazarte entre as actividades, preme nas imaxes, escolle a opción correcta cando corresponda e move os elementos correctos ao seu lugar!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*