En Ourense. Días 28 e 29 de novembro.
Este ano 2018 correspóndelle a Galicia a organización do XX Congreso Estatal de Voluntariado, que conta coa colaboración económica e técnica do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; e para o que foi seleccionada a cidade de Ourense (ExpoOurense).
O lema (Enlázate ao Voluntariado) quere mostrarse coma unha invitación á unión progresiva da acción voluntaria como elemento dinamizador e de transformación social.
Está aberto o prazo de inscrición daquelas entidades (tanto para as casetas, coma para a asistencia en grupo) e das persoas interesadas en asistir ao congreso, ata o 15 de novembro de 2018 ou ata completar a capacidade.
Esta edición persegue os seguintes obxectivos: establecer un espazo de reflexión sobre futuro do voluntariado; poñer en valor o voluntariado de Galicia como a comunidade autónoma máis comprometida e con maior índice de participación en materia solidaria; destacar o voluntariado como un dos activos máis importantes para a creación dunha sociedade mellor.