III Encontro Internacional do Lixo Mariño – Crebeiros no Mundo

“Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa”, isto son as crebas. E na procura destes materiais, os crebeiros durante séculos remexeron nas costas, peneirando aquilo que o océano foi deitando en rochas e areais. Ao respecto, recomendámosvos por exemplo o libro elaborado polo escritor Francisco “Chisco” Fernández Naval canda ád fotografías de Maribel Longueira, documentando a importancia histórica das crebas en Galicia, fundamentalmente na Costa da Morte.

Do 26 ao 28 de outubro a asociación Mar de Fábula, o colectivo RetoqueRetro, e o CEIDA, en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte, a UICN e a Fundación Oxígeno, organizan o III Encontro Internacional do Lixo Mariño, ‘Crebeiros no Mundo’, para falar das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. O encontro contará coa presenza de diferentes expertos/as, entidades e colectivos que están a traballar neste ámbito a nivel internacional. Durante toda a fin de semana realizaranse ademáis varias limpezas de praias e obradoiros artísticos dirixidos ás familias.

A asistencia é gratuita pero é preciso inscrición en todas as actividades.

Programa completo:

VENRES, 26 OUTUBRO

11.00 – 13.00 h. Limpeza da Praia de Santa Cruz.

16.00 h. Inauguración
16.30 h. Aves mariñas e lixo plástico no mar. “To what extent are seabirds affected by plastic litter?”. Álvaro Barros López. Biólogo.
17.00 h. O lixo plástico e o cambio climático. “Could plastic debris affect oceans functions as climate regulator, CO2 sink , albedo, evaporation…?”. Diego Fernández Sevilla. Biólogo.
17.30 h. A problemática dos cruceiros. ”Cruise industry impact on marine environment. Special reference to portuguese and galician coastal waters”. Xosé Manuel Barros. Mar de Fábula.
18.00. Rolda de preguntas.
18.15 h. Descanso
18.30 h. Arte e lixo mariño. “How art can help science to change your mind”. Isa G., Javi Serantes, Ana Lee. RetoqueRetro.
19.00 h. Activismo altruista ambiental. “From Prestige to Eloane”. Sole M. Vázquez. NaArea.
19.30 h. Rolda de preguntas.


SÁBADO, 27 DE OUTUBRO

9.30 h. A Estratexia de Desenvolvemento Local Pesqueiro do GALP Golfo Ártabro Sur e as líneas de axuda en materia de medio ambiente. Federico López Viñas. GALP Golfo Ártabro Sur.
10.00 h. Os refuxiados do cambio climático. “A first approach to Climate Change Refugees”. Rebecca Ramanathan. Mar de Fábula.
10.30 h. Limpeza ao servizo do medio ambiente e do litoral. ”Bretagne et Galice unis contre le plastic”. Cristelle Pinnard e Lionel Lucas. ANSEL asso (Francia).
11.00 h. Caracterización de varamentos de residuos e identificación das súas fontes. ”Oceanplastictracker”. Jonathan Hénichart. Sea-Mer asso (Francia).
11.30 h. Rolda de preguntas.
11.45 h. Descanso
12.00 h. Indignación con acción. “Brigada do Mar is Rage with action”. Simão Acciaioli. Brigada do Mar (Portugal).
12.30 h. Activismo nas Azores. “Soluçoes locais paraproblemas globais”. Henrique Ramos. No More Plastics (Portugal).
13.00 h. Unha especie invasora. “Plasticus maritimus, uma espécie invasora”. Ana Pêgo. Plasticus maritimus (Portugal).
13.30 h. Rolda de preguntas.

16.00 – 18.00 h. – Limpeza da Praia de Mera.


DOMINGO, 28 DE OUTUBRO

11.00 – 14.00 h. Limpeza da praia de Bastiagueiro + obradoiros artísticos. Actividade dirixida a familias.

Formulario de inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*