Magín Blanco estrea “A nena e o grilo máis aló”

O domingo 28 de outubro no Pazo da Cultura de Narón.

A maxia de entrar nunha biblioteca e viaxar pola musica, descubrir a poesía, a igualdade, as cousas que di o silencio, as apertas… a busca do sentido dos nosos corazóns… Hai xa uns anos que chegaron aos escenarios “O país das apertas” e “A nena e o grilo nun barquiño”, espectáculos cos que Magín Blanco axiña gañou o agarimo do público infantil e familiar. Un éxito que transcendeu fronteiras e gozou de bo recibimento tamén na súa versión en castelán fóra de Galicia.

Do mesmo universo e cos mesmos personaxes protagonistas, nace agora “A nena e o grilo máis aló”, froito da colaboración de Magín Blanco coa compañía Teatro Ghazafelhos. A nena e o grilo esmagan sen querer súa amiga Xertrude a araña… Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. Nena e grilo no máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás búsquedas máis insólitas…Qué pasa logo da morte?

O público ao que vai dirixida a creación é a partir de tres anos en pases familiares e recoméndase para pases escolares a partir de 5 anos (Educación Primaria)

A estrea será o domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. As funcións escolares serán os días 29, 30 e 31 de outubro, ás 10:00 e 12:00 horas, no Pazo da Cultura de Narón

FICHA TÉCNICA:
Director Musical: Magín Blanco
Autor Texto: Pepablo Patinho
ELENCO:
Actrices e Actores: Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas
Guitarra e voz: Magín Blanco
Teclado: Cristian Legiero

Venda de entradas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*