Recursos para introducir o xadrez nas aulas

Na rede hai un feixe de material para traballar o xadrez na escola.

Dos moitos espazos e propostas que sobre o xadrez podedes peneirar, recomendámosvos a web www.ajedrezalaescuela.eu, o punto de encontro dun programa aragonés de promoción do xadrez na escola que vos fai xa unha selección e posta en valor de múltiples materiais de utilidade.

Neste espazo podedes atopar unha proposta de metodoloxía a usar, cunha selección de recursos e ideas para a introdución do xadrez educativo, tanto a un nivel básico como intermedio ou avanzado. A web reúne retos diversos, formas alternativas de gamificar a aula partindo do universo do xadrez ou aplicacións transversais a partir de áreas diversas, desde as matemáticas ao inglés, pasando pola educación física ou as manualidades. Tamén se reúnen un feixe de exemplos e vídeotutoriais. E na área de descargas podedes atopar, clasificados segundo niveis para Infantil, Primaria e Secundaria, un resumo de materiais con exemplo de sesións prácticas que fan un repaso completo de todo o mundo do xadrez.

Un exemplo:

“En xadrez, o movemento do cabalo sempre é o máis difícil para os nenos. Todos ou case todos oíron que o cabalo salta en L e cousas similares… a que ti tamén e seguro que llo dixeches aos rapaces. Pero, claro, a que che pasou como ao meu e, despois de explicalo, comprobaches que a metade non o entendeu. Pois un día, pensando na mellor forma de facelo, caín na conta de que se cadra debería seguir cos os superheroes… Xa, e que superheroe escollo? Ten que ser un que salte, igual que o cabalo, e que o seu salto estea limitado Eh!, eu sei dun ao que lle pasa iso: Spiderman, o home araña; brinca e de forma limitada pola lonxitude da súa tea de araña. Bo, o máis fácil xa o temos, pero agora hai que deseñar unha historia para facelo creativo… (….)”

Todos os recursos en:

https://www.ajedrezalaescuela.eu/

Tamén vos recomendamos a selección de materiais realizada polo Centro de Formación e Recursos de Vigo, onde podedes atopar os materiais en galego “Xoga e aprende – Educachess”:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual2/course/view.php?id=387

Mundial cadete de xadrez na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura será sede no mes de novembro de 2018 do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e sub-12, evento que reunirá do 3 ao 16 de novembro a máis de 800 novas promesas deste deporte no Gaiás. Desde a organización do torneo quixeron destacar a elevada participación de países no campionato, a máis numerosa dos tres mundiais da categoría cadete que se teñen celebrando ata agora.

A día de hoxe inscribíronse no Campionato Mundial cerca dun milleiro de nenos e nenas de 85 países, que competirán nas catro categorías do torneo (sub-8, sub-10, sub-12, absoluto e feminino). A previsión é acadar os 850 inscritos de 88 países. Polo que respecta á representación galega, participarán no torneo 69 xogadores, procedentes das catro provincias galegas.

Cada día disputaranse 400 partidas simultáneas no Museo Centro Gaiás, que poderán seguirse en directo desde o espazo habilitado no exterior do museo e tamén vía streaming na web do campionato (www.wccc2018.com).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*