Feira de tecnoloxía OSHWDem 2018

Competicións, obradoiros e actividades no Domus da Coruña o 10 de novembro.

A OSHWDem (Open source Hardware Demonstration) é unha feira de tecnoloxía onde se expoñen inventos cun nexo común: todos eles son proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e código foron publicados, de forma que calquera poida estudalos, entender o seu funcionamento, replicarlos e mesmo melloralos… Na OSHWDem atoparás inventos sobre novas tecnoloxías, robótica, arte, internet das cousas, electrónica, hardware, software…

Ademais disto durante a feira celébranse competicións de robótica espectaculares onde poderás ver a robots pelexando de forma autónoma, resolvendo complexos labirintos de tamaño real á velocidade da luz e competindo entre eles en carreiras incribles. Podes asistir como publico ou participar co teu robot.

A entrada é libre e gratuíta, para todos o públicos. A edición do 2018 celebrarase no Museo Dómus da Coruña o 10 de novembro.

https://oshwdem.org/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*