Festival Cinema Crianza

Do 15 ao 17 de decembro. En Ames. Ducias de sesións con curtametraxes, longametraxes, música e actividades educativasEn Ames , do 15 ao 18 de novembro.

Esta semana preséntase a segunda edición deste festival internacional de cinema, creado para afondar no valor do cine como potente ferramenta para coñecer o mundo e potenciar a reflexión sobre valores, ideas e pensamentos sociais, e que se consolida coa recepción de dous milleiros de propostas audiovisuais procedentes de 90 países.

O Festival, organizado por Urdime xunto co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, terá dúas sedes, habendo proxeccións nas respectivas casas da cultura das localidades de Bertamiráns e Milladoiro no propio concello de Ames. A entrega de premios celebrarase o domingo a partires das 18 horas. O xurado de esta edición está composto por Miguel Mariño, director general da Academia Galega do Audiovisual; Sandra Sánchez, a directora e realizadora e Sara Gómez, guionista.

Durante os catro días que durará o certame exhibiránse unha selección de 73 pezas que optaran aos Premios Axóuxeres, Buxainas e Premio do Público. Os filmes proxectaranse en bloques divididos segundo a temática e, aínda que para todos os públicos, con recomendación de idade: para bebes, maiores de 2 anos, a partires dos 5 e maiores de 7 anos:

  • Narracións Extraordinarias (+5): con curtas coas que nos adentraremos no mundo da fantasía e dos soños
  • Pequenas Criaturiñas (+2): filmes que ensinan o valor da amizade, o coidado do medioambiente e que están cheos de aventuras por terra, mar e aire.
  • Música para parrulos (+0): coa que bailaremos ao son de Magín Blanco e outros artistas.
  • Brotes Verdes (+5): Nova sección centrada no medioambiente.
  • O Reino das Harmonías (+7): sons procedentes de partes remotas do mundo como protagonista. Tamén nova sección.
  • Arredor dunha Pelota (+3): Novo bloque con historias de superación co fútbol como leit motiv.
  • A miña Familia e outros animais (+7): filmes que tratan a familia e o paso do tempo
  • Primeiras Aventuras (+2): primeiras experiencias que quedan gravadas para sempre (nova sección).

Festival Cinema Crianza

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*