A final será o 17 de novembro no Teatro Colón da Coruña.
Estas son as finalistas da terceira edición do Premio Quero Cantar de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña:
Categoría Xuvenil
Pequenos Besbellos, de Pontevedra, con Faite respectar
Noa, de Vila de Cruces, con Agora son eu
Enxebres, tamén de Vila de Cruces con Sempre combativa
A estas cancións tamén as han acompañar no disco os temas Serei, da coruñesa Carlota Creus e Boa viaxe, das teenses Mikan
Categoría Infantil
Cortegadaos, do concello de Cortegada, coa canción Eu quero ser unha árbore
As fantásticas, de Fisterra, coa canción O blues do faro
Os Calistos, de Teo, coa canción A princesa azul
No disco ha acompañalas a canción Ven comigo, do grupo amiense Ramalloss
O xurado estivo composto por cinco artistas de recoñecida traxectoria musical como son Belén Tajes, Sergio Tannus, Aida Saco Beiroa, Elena Paz e Manuel Otero coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat.
A próxima cita do concurso terá lugar o sábado 17 de novembro a partir das seis da tarde, no teatro Colón da Coruña. As bandas seleccionadas deberán interpretar alí en directo as súas composicións e desta vez será un xurado formado por mozas e mozos de ata 16 anos quen determine a posición final de cada unha das concorrentes. Todas as bandas participantes na final teñen xa o seu premio asegurado, que será de 1500 euros máis un videoclip para as primeiras clasificadas en cada categoría, 1000 euros para as segundas e 500 para as terceiras.
A gala ha contar ademais coa participación como banda invitada do grupo infantil María Fumaça.