“Protexendo os animais”, interactiva no Caderno Verde

Gústanche os golfiños? A Mireia tamén lle gustan. Por iso odia cando sofren. E por desgracia é frecuente ver golfiños mortos ou feridos nas praias. Moitos deles respiran con dificultade e ás veces mesmo non poden comer. E non é o único habitante de mares e océanos que ten problemas por culpa dos residuos producidos polo ser humano. Moitos acaban inxerindo ou quedan atrapados en botellas de plástico, bolsas e redes de latas. Mesmo restos de xoguetes poden atoparse aboiando!

No Caderno Verde de Sogama cóntannos deste e outros problemas na ficha interactiva “Protect the animals!”, nesta ocasión destinada ás aulas de Inglés da Educación Primaria.

Podedes acceder aquí a este recurso: “Protect the animals!”

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*