Recursos en liña sobre o patrimonio inmaterial

Ao fío da celebración do Día Internacional do Patrimonio este venres 16 de novembro, a Asociación cultural e pedagóxica Ponte…nas Ondas! Acaba de difundir ás escolas unha escolma de materiais arredor do patrimonio inmaterial galego-portugués. O espazo, dispoñible na web da asociación, inclúe tres fichas didácticas descargables, dispoñibles en galego e portugués:
Patrimonio inmaterial: Contextualización
Cultura Común: O Ciclo Anual
Cultura Común: A lingua

Á beira, un feixe de actividades interactivas accesibles en liña na propia web e a través de pizarras electrónicas e teléfonos móbiles:
Lingua, artesanía e oficios
Xogos tradicionais
Día do Peón
O ciclo anual

Pode accederse desde o enderezo: http://pontenasondas.org/recursos/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*