Unidade didáctica: Os Bolechas e a discapacidade

Materiais didácticos froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidae (COGAMI)

A través dunha unidade didáctica con versión para o profesoradoe para o alumnado, os Bolechas achéganlles aos nenos e nenas de 3 a 8 anos o mundo da discapacidade. O obxectivo desta proposta é que os cativos e cativas aprendan a comprender a diversidade do xénero humano e a mostrar actitudes de respecto e de empatía. Contén sinxelas explicacións e actividades en tres niveis diferentes de dificultade que se completan con divertidos xogos en liña

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Cada 3 de decembro, Nacións Unidas convoca este Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O lema deste ano é “Empoderar ás persoas con discapacidade e garantir a súa integración e igualdade”, centrado así na idea do apoderamento das persoas con discapacidades para asegurar un desenvolvemento sustentable, inclusivo e igualitario e desta maneira, cumprir coa Axenda de Desenvolvemento Sustentable. A Axenda 2030 comprométese a “non deixar a ninguén atrás”. As persoas con discapacidades, como beneficiarios e como axentes de cambio, poden acelerar o avance cara a un desenvolvemento inclusivo e sustentable, así como promover unhas sociedades resilientes para todos, incluídos os ámbitos da redución do risco de desastres e a acción humanitaria, ademais do desenvolvemento urbano.

Unidade didáctica. Profesorado

Unidade didáctica. Alumnado

Xogos en liña

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*