Carta ao Apalpador e unidade didáctica con actividades e xogos

O Apalpador / Ilustración de Óscar Villán para A Mesa

Materiais para uso escolar e familiar da Mesa pola Normalización da Lingüística.

Nestas datas previas ao Nadal, a Mesa pola Normalización da Lingüística publica na súa web, para libre descarga, unha carta ao Apalpador e unha unidade didáctica ilustradas por Oscar Villán cunha decena de actividades e xogos ao redor da figura mítica do carboeiro que, segundo recolle a tradición, baixa das montañas as noites do 24 ou do 31 de decembro para apalpar a barriga das nenas e dos nenos e para deixarlles castañas e agasallos para gozar o ano novo. A Mesa completa, así, con estes materiais para o uso escolar e familiar e mais co catálogo de agasallos tamén dispoñíbel na súa web, a oferta de recursos para que a cativada galega poida gozar o Nadal e xogar na súa lingua.

Segundo os datos do Informe da lingua dos xogos e xoguetes elaborado por Sonia Calo o ano pasado e dispoñíbel na web da Mesa, a situación da lingua galega nestes produtos, dun ámbito tan prioritario como é o da infancia, é tan precaria que unicamente o 0,6% dos xoguetes teñen opción de galego, porcentaxe que cae até o 0,38% cando só están en galego. Para a Mesa, “cómpre un goberno comprometido coa lingua que apoie os fabricantes que apostan por facer xogos e xoguetes en galego, mais mentres isto non ocorre é a sociedade a que debe impulsar os avances” e, neste sentido, enmárcanse as súas propostas para o Nadal.

DESCARGA:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*