Está convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia. Poderá concorrer a este premio alumnado de sexto de educación primaria e de educación secundaria de Galicia con textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.
Os textos, en lingua galega e cunha extensión máxima de 3 folios, deben estar escritos e pensados para seren radiados. Admítense obras individuais e colectivas.
O premio está dotado con 1.000 € para o mellor traballo e coa montaxe e edición dun podcast así como a emisión tanto do relato gañador coma dos dous textos que resulten finalistas con el.
O prazo de presentación de orixinais remata o 17 de maio de 2019.