“Regueifando en Marín”

O alumnado do CEIP do Carballal argallou este videoclip sobre Marín!

Chéganos desde Marín, da man do profe de música Víctor Alfonso Castro Martínez, unha nova mostra do bo facer neste eido do centro. Velaquí o videoclip argallado polo alumnado de 4º de Primaria.

-Trama: dúas bandas discuten sobre o acento cantarín dos habitantes de Marín para finalmente rir xuntos e xuntas.
-Voces, melodía, letra e storyboard: alumnado.
-Debuxo: Andrea Castro Pazos.
-Arranxo musical, gravación e edición: Víctor Alfonso Castro Martínez.
-Colaboran na rodaxe as titoras de 4º de Primaria: Ana Pérez e Ana Piñeiro.
-Traballo de investigación sobre frases e palabras de Marín.
-Traballo musical sobre as regueifas.
-P.D.I. 2018/2019: “Marín, de todo un chisquín”.
-Sinal: Charo Martínez Epifanio.
-Fragmento de Balan/Vladimir Tour (TVG-Capítulo 2)
-Fotografía panorámica de Marín libre.
-Colaboración das familias do alumnado co vestiario.
-Obradoiro de Audiovisuais.
-Aula de Educación Musical.
-O recuncho de Tambo e EDLG.
-C.E.I.P. Do Carballal de Marín.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*