Apalpador.gal

A Irmandade dos Apañacastañas pon á nosa disposición todo o que ten sobre esta figura do Nadal galego, ligazóns, material didáctico, publicacións, experiencias prácticas e algo de imaxinación tamén.

Desde aquí podedes escribirlle cartas ao Apalpador.

Tamén descargar láminas e outros recursos.

O APALPADOR

Quen é?: Un personaxe mítico do Nadal galego.

Onde vive?: Nas montañas do Courel.

A que se dedica?: Dedícase a facer carbón vexetal.

Que fai o resto do ano?: Traballa recollendo leña para facer o carbón e no outono, castañas. Tamén fai xoguetes de madeira.

Por que apalpa a barriga?: Porque así sabe se as nenas e nenos comeron abondo e están ben mantidos, que é o que a el lle gusta. Non quere que ninguén pase fame.

Por que non se sinte cando entra nos cuartos?: Porque agarda a que todo o mundo estea durmido e ben durmido, ademais é moi sixiloso cando quere.

E se non me saben as castañas?: Non pasa nada, pero se acordas é mellor que o avises porque así pode deixarllas a outro.

Toda a información en Apalpador.gal

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*