Enfermería nas escolas, unha necesidade en prol da conciliación familiar e a educación para a saúde

Representantes dos colectivos na entrega da proposta no Parlamento
Un perfil profesional recoñecido noutros países e tamén noutras comunidades autónomas e que en Galicia non existe aínda.

A mellora da conciliación familiar e a redución do absentismo escolar son dous obxectivos claros en prol dos que axuda a existencia dun enfermeiro ou enfermeira nun centro escolar. As tarefas a desenvolver por estes profesionais van alén da propia asistencia en casos de alteracións de saúde puntuais ou crónicas, xa que tamén pode realizar funcións de Educación para a Saúde, promovendo bos hábitos en alimentación, actividade física e educación sexual e axudar a afrontar na comunidade educativa o desafío do incremento das taxas de obesidade infantil. Especialmente, alumnado con problemas crónicos de diabtes, asma, epilepsia, etc, benefícianse da existencia no recinto escolar destes profesionais cualificados.

Na Unión Europea, o perfil profesional da enfermeira/o na escola é recoñecido por exemplo no Reino Unido, Francia ou Suecia. E a nivel estatal, comunidades como Madrid ou Estremadura xa contan con enfermeiros nas escolas e outras iniciaron o regulamento desta figura. En Galicia de momento non existe o perfil.

Proposta no Parlamento de Galicia

As experiencias de introdución da enfermeira/o escolar amosan o éxito da iniciativa. E nesa convicción, o pasado mes de novembro, representantes dunha ducia de colectivos xuntaron forzas para levar ata o Rexistro do Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei para o Recoñecemento e Regulación da Figura da Enfermería Escolar en Galicia. Trala admisión da Mesa do Parlamento da Proposición iniciarase a recollida das 2.500 sinaturas necesarias para subscribila, de acordo co establecido na Lei 7/2025, do 7 de Agosto, de Iniciativa Lexislativa Popular e Participación Cidadá no Parlamento de Galicia.

A Proposición Non de Lei conta cos apoios de varios colectivos e asociacións: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña e Consello Galego de Médicos.

A xeito de exemplo, na proposta explícase qu en Galicia enfermidades coma a Diabetis Mellitus tipo 1 presenta unha incidencia de 17,2 casos/100.000/ano, ao longo de 10 anos diagnosticáronse 559 novos casos de DM tipo 1 en menores de 15 anos, dos cales 330 eran menores de 10 anos. Con respecto ao asma, no 2011 determinouse que a incidencia en nenos de 6-7 anos é do 13,6% e entre adolescentes de 13-14 anos do 12,2%.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*