Terceira edición do Proxecto 11 de febreiro en prol da muller e a nena na ciencia

Día Internacional da Muller e a Nena na CienciaUn feixe de actividades divulgativas para combater a fenda de xénero nos eidos da ciencia e a tecnoloxía. Aproveitando o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

 

ACTIVIDADES EN GALICIA

A CORUÑA
Xornada Internacional da Muller e a Nena na Ciencia na DOMUS
https://11defebrero.org/2019/02/07/xornada-internacional-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-na-domus/

SANTIAGO DE COMPOSTELA
A historia en feminino
https://11defebrero.org/2019/01/25/la-historia-en-femenino-monografico-mujeres-en-la-ciencia/

Mesa redonda: de nenas a científicas, a nosa experiencia (con Clara Álvarez, Iria Gómez Touriño, Chusa González Rellán e Celia Pombo)
https://11defebrero.org/2019/02/09/mesa-redonda-de-ninas-a-cientificas-nuestra-experiencia/
LUGO
Xornada: ciencia mulleres e tecnoloxía
https://11defebrero.org/2019/02/04/xornada-mulleres-ciencia-e-tecnoloxia/

NIGRÁN
Que traballo tan curioso!
https://11defebrero.org/2019/01/25/que-trabajo-tan-curioso/

VIGO
Charla na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
https://11defebrero.org/2018/12/19/dia-internacional-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-2/

“Miremos porque cada nena, en calquera parte do mundo, teña a oportunidade de alcanzar os seus soños, medrar con arranxo ao seu potencial e contribuír a un futuro sustentable para todos”.
António Guterres, Secretario Xeral da ONU

“Investir nas mulleres e as nenas na ciencia por un crecemento verde incluínte é lema da ONU para este Día.
A fenda de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM) persiste desde hai anos en todo o mundo. Malia que a participación das mulleres nas carreiras de grao superior aumentou enormemente, estas aínda se atopan insuficientemente representadas nestes campos.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, elas séguense atopando con barreiras que lles impiden participar plenamente nestas disciplinas.

Na actualidade, menos do 30 por cento dos investigadores en todo o mundo son mulleres. Segundo datos da UNESCO (entre 2014 e 2016), só ao redor do 30 por cento de todas as estudantes escollen estudos superiores dentro do campo das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e matemáticas (STEM). A nivel mundial, a matrícula de estudantes femininas é particularmente baixa en tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC), cun tres por cento; ciencias naturais, matemáticas e estatísticas, cun cinco por cento, e en enxeñería, manufactura e construción, cun oito por cento.

Os prexuízos e os estereotipos de xénero que se arrastran desde hai moito tempo continúan mantendo ás nenas e mulleres afastadas dos campos relacionados coa ciencia. O mundo debuxado na pantalla non dista moito do mundo real. Un estudo realizado en 2015 polo Instituto Geena Davis titulado “Gender Bias Without Borders” (Prexuízos de xénero sen fronteiras) mostra que a representación na pantalla de mulleres que traballan no campo das ciencias limítase só a un doce por cento.

Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”

O proxecto 11 de febreiro promove a visibilización da muller no mundo da ciencia e a realización de actividades que fomenten as vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a fenda de xénero. Colaboran escolas e centros de investigación, museos e empresas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*