Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra

Un conto infantil que lle ensina aos pequenos as vantaxes da compostaxe.

“Os tres monstros anciáns que viven baixo a terra teñen un traballo un pouco raro: comer o lixo das casas para convertelo en slime máxico”. Rufo, Pedro e Coco son uns simpáticos microorganismos que viven baixo a terra e que axudarán a entender os beneficios do compost: a capacidade que este abono natural ten para o medio ambiente ao aportar nutrientes de alta calidade para plantas e cultivos que logo serven de alimento a animais e persoas.

O conto foi elaborado no marco do proxecto europeo Res2ValHum, co que se pretende poñer en valor a materia orgánica contida nos residuos urbanos. O relato achega de xeito didáctico o concepto da economía circular, baseado no máximo aproveitamento dos produtos e a transformación dos residuos en recursos.

Res2ValHum é un proxecto de cooperación transfronteiriza integrado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, e no que participan un total de 7 socios (4 portugueses – Universidade do Minho, Lipor, Braval e CVR- e 3 galegos –Sogama, USC e CVAN).

Podes descargar aquí o conto

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*