A próxima edición será os días 8, 9 e 10 de maio.
Galiciencia 2019 é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral.
Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia 2019 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un/unha profesor/a e contar a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos PRIMARIA e/ou formulario de inscrición de proxectos
Poderá visitar a Galiciencia 2019 calquera centro educativo de Galicia. O prazo de inscrición remata o 11 de marzo de 2019. (O desafío “Atrévete cos bos hábitos” ampliou prazo deica o 18 de marzo)