Galipedia: na procura de 1.000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos

A wikipedia en galego ten en marcha este ambicioso wikiproxecto no que vos convidamos a participar: 1000 artigos de calidade para o alumnado.

A iniciativa da Galipedia xorde dun proxecto similar da wikipedia en éuscaro, e pretende mellorar a calidade dos 1.000 artigos de máis interese para alumnado de 12 a 16 anos. Segundo nos explican, debido á dificultade para escoller 1.000 temas exactamente, creouse unha lista máis longa, que pode adaptarse e irse desenvolvendo.

A lista creada ata o de agora ten os artigos organizados en temas: Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química, Xeografía, Historia, Cultura científica, Tecnoloxía da información e da comunicación, Linguas, Igualdade: As mulleres e o xénero, Literatura, Economía, Emprendemento, Cultura clásica, Filosofía, Plástica, Audiovisual, Música, danza e teatro e Educación corporal.

Podedes colaborar deixando un comentario na páxina de conversa do proxecto.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*