Premios Recíclate con Sogama 2018-2019

O programa Recícilate con Sogama inicia a súa sexta edición na aposta en prol de, entre outros, valores de civismo, convivencia, solidariedade e responsabilidade.O concurso circunscríbese á elaboración dunha obra de arte con materiais de refugallo, sendo o seu obxectivo promover o interese do alumnado pola reutilización e a reciclaxe, e demostrar, con exemplos prácticos, que os residuos poden albergar un gran potencial e ser transformados en recursos, ata en auténticas obras de arte cun alto valor creativo.

A temática a tratar será libre, pero sempre debe levar implícito o concepto de reutilización. A fin de acreditar e evidenciar o traballo realizado, os centros deben aportar tres fotos do seu proxecto, xunto cuns datos básicos: información do colexio (dirección, teléfono, correo electrónico, etc), identificación do profesor/a que exerce os labores de coordinación, relación de docentes participantes, título da obra, mensaxe a transmitir, tipos de residuos utilizados na mesma, así como as cantidades e porcentaxes de cada material.

Poden participar os 25 centros de Educación Primaria inscritos neste curso no programa educativo “Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia e cuxo obxectivo é promover a reciclaxe nas aulas. A iniciativa está promovida pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*