Festival audiovisual escolar Olloboi 2019

A 9ª Edición do terá lugar o venres 10 de maio. Recepción de pezas deica o 30 de abril.

Podedes concursar no Festival Olloboi con calquera traballo de videacreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior aos 20 minutos. Aceptarase un máximo de 8 pezas por centro. Podedes consultar as bases aquí. A data límite para presentar traballos será o 30 de abril.

O día do Encontro Olloboi comezará con actos no Centro Social de Boiro ás 10:00h coa Muchachada Matiné. O alumnado por grupos, terá asignada unha parella de artistas do cinema galego, que lles axudará a facer unha micropeza baseada na cultura de Boiro. Para participar hai que facer unha pre-reserva. Os centros serán seleccionados por orde de inscrición, dándolle prioridade aos que presenten pezas a concurso.

Pola tarde nos Asteleiros Triñanes coñeceremos diferentes traballos cos que andan a voltas os e as nosas cineastas, e logo será a entrega de premios, nunha gala con música en directo e sorpresas.

Este ano o festival conta con 9 categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor imaxe, música, guión, interpretación, arte e reportaxe). Ademáis, a organización entregará o premio máximo Olloboi Zamburrioi.

Bases

Inscrición no Encontro

Envío de vídeos

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*