“Paroleiros” e “O galego coa ciencia, xa non ten paciencia”

Vídeos gañadores do certames Correlingua 2019 nas categorías de Infantil e Primaria e de Secundaria e Bacharelato.

O galego coa ciencia, xa non ten paciencia
As autoras desta proposta son as alumnas e alumnos de 4º da ESO do CPR Concepción Arenal de Ourense.

Paroleiros
Vídeo gañador do certame Correlingua 2019 na categoría de Infantil e Primaria. Elaborado polo alumnado de 6ºB de primaria do CEIP Albeiros (Lugo).

Chega un ano máis o Correlingua, e van 19 edicións, dunha actividade lúdica, educativa e reivindicativa organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, que ten como obxectivo reclamar o dereito da rapazada a vivir e a medrar en galego. Baixo o lema “o galego é a fórmula”, este ano celebráronse como xa é costume os concursos de mellor manifesto, mellor vídeo e mellor banda deseñada que serven para que o alumnado de distintos niveis educativos reflexione sobre a situación do noso idioma e o seu uso nas etapas infantil e xuvenil. Na presentación das carreiras e dos actos que van ter lugar o vindeiro mes de maio ,celebrada recentemente na Deputación de Lugo, fixéronse entrega dos premios nestas categorías que este ano corresponderon a:
– Certame banda deseñada: alumnado do CEIP Cabo da Area de Laxe
– Certame de vídeo, categoría infantil e primaria: alumnado do CEIP Albeiros de Lugo.
– Certame de vídeo, categoría secundaria e bacharelato: alumnado do CPR Concepción Arenal de Ourense
– Certame de elaboración do manifesto: alumnado do IES de Carral.

Entre o 2 e o 16 de maio celebraranse doce carreiras pola lingua nas que se prevé de novo a participación de decenas de miles de estudantes de Infantil, Primaria e Secundaria e que terán lugar nas seguintes localidades: Cangas do Morrazo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ribadeo, Ponteareas, Lugo, Narón, A Estrada, Monforte de Lemos, Vigo, Ourense e Pontevedra, onde terá lugar a festa final deste ano. O calendario das marchas e os traballos premiados poden consultarse na páxina do Correlingua.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*