“Temos química coa nosa lingua”

Con este manifesto gañou o alumnado de 4º da ESO do IES de Carral o concurso do Correlingua 2019.

O xurado escolleu como gañador este texto ao considerar que desenvolve tanto na forma coma no contido a esencia do lema do Correlingua 2019, o galego é a fórmula, referido á necesidade de que o galego teña presenza en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico.

“TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA”

Hai 150 anos o ruso Mendeleiev presentou unha táboa periódica que se converteu no corazón da Química. As galegas e os galegos somos os elementos da nosa táboa periódica, a nosa lingua. Os símbolos químicos e o noso idioma xuntos:

Reacción Química – Reacción Lingüística:

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! – *A FÓRMULA É O GALEGO*!

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO*

REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN…

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS!

O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO!

TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

AGora é o momento!

ALimenta a túa lingua!

ANtes falárona outros!

APostamos polo futuro!

AVanzamos…

Acollemos tamén aos de fóra AY, BW, JK, JU, K, WK, WO, WT, YZ

Bioloxía en galego, berra!

BuscA a súa alma

BaiLa coa lingua

Cántao

non a CAmbies por nada

CoNtáxiate do galego

COlabora con nós

CRea en galego

CaStelao, Rosalía, somos unha lingua viva

Coida o Teu legado

Cóidaa, Valóraa, quérea, úsaa.

Física en galego festexa

Fálaa, Escóllea

FLirtea con ela

o FogaR de Breogán

un FUturo en galego

GÁrdaa coma se fose ouro

aGaRimos con forma de palabras

paLAbras doces

podes LeVala contigo a calquera lugar

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! – *A FÓRMULA É O GALEGO*!

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO*

REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN…

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS!

O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO!

TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

MAiores e nenas falando en galego

non a MEnospreces

lingua MaGnética

Moitas Horas gozándoo

MáIs conciencia da situación

Música eN galego

Máis soRrisos

as MaTes en galego

Non Deixes que o degraden

que NinGuén che diga que non serve para nada

NOn o deixes de falar

NUnca esquezas de onde es

PouCo a PouCo reacción

PEnsa no futuro da lingua

non só do RUral

SaBemos como aproveitalo.

SoMos galegas

SeN perda de tempo

SorRí por iso

SínteTe orgulloso

Transmite o que pensas

TEcnoloxía en galego

ValoRa o que tes

en Zocos, en Zocas, en tenis ou con botas

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! – *A FÓRMULA É O GALEGO*!

Berrade connosco, berrade ben forte, que se vos escoite:

*O GALEGO É A FÓRMULA*! *NÓS SOMOS O ELEMENTO*

REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN, REACCIÓN…

ESTES SON OS SÍMBOLOS QUÍMICOS!

O GALEGO É O NOSO SÍMBOLO!

TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA!

Os Toxos (alumnado de 4º da ESO do IES de Carral)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*