Pequepeixe.gal

Materiais didácticos para difundir os nomes dos animais mariños entre a rapazada galega.

A comezos de maio, a lonxa de Burela foi escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego. O secretario xeral, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro participaron no acto de presentación desta iniciativa, un evento que contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA). Fixérono acompañados por 132 nenos e nenas de tres CEIP da comarca, que recibiron, xunto con outros agasallos, unha das seis unidades didácticas que compoñen os materiais de Peque Peixe e que poden descargarse no web www.pequepeixe.gal.

Valentín García lembroulles aos asistentes “que Galicia é unha terra con moito mar e onde moita xente vive deste, así que a nosa lingua propia conta con nomes ben expresivos e axeitados para denominar os peixes que comemos”. Por este motivo, fixo un chamamento “a seguir empregándoos e a facelos visibles nos carteis das peixarías, das prazas e dos supermercados, así como a transmitírllelos aos nosos fillos e fillas cando nos sentamos con eles á mesa a compartirmos o tan saudable hábito de comer peixe”. O biólogo mariño Javier García Galdo foi o encargado de detallar os obxectivos e contidos dos materiais didácticos incluídos na iniciativa.

Todo o material en www.pequepeixe.gal.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*