X Certame de Cinema OUFF Escola

Xa temos gañadores do oitavo certame audiovisual OUFF EscolaO Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Ainiciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual. Poderán presentarse curtametraxes en lingua galega de ata 20 minutos de duración. Haberá premios para as dúas categorías establecidas: infantil e primaria, por unha banda, e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son), por outra.

A inscrición deberá formalizarse no web do Certame Internacional de Cine de Ourensenova antes do 2 de xullo de 2019.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*