Videoclip da canción de Magín Blanco a partir das ilustración de Xulia Vicente para O tempo cronolóxico. Un proxecto d’A Mesa pola Normalización Lingüística.
Na véspera do comezo de curso, A Mesa estrea “Os meses do ano“, o videclip da canción creada e interpretada por Magín Blanco a partir de O tempo cronolóxico, o fermoso libro ilustrado por Xulia Vicente que axuda a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua. Esta canción complementa o tema “Na segunda feira“, de Mamá Cabra, difundida dentro da campaña Nós feiramos de 2ª a 6ª pola recuperación dos nomes tradicionais da semana que A Mesa desenvolveu, xunto con Agal, hai un par de anos.
O tempo cronolóxico forma parte -xunto con O abecedario, As aves, Os peixes e outra fauna mariña e O tempo meteorolóxico- do proxecto didáctico que A Mesa lle adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa. O videoclip está dispoñíbel en youtube (ligazón) e o libro O tempo cronolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa.