Convocatoria de Nova Escola Galega. 4, 5 e 6 de outubro de 2019.
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, específicamente, sobre o asesinato do Comandante Moreno e dos seus no Acevo. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.
Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, específicamente, sobre o asesinato do Comandante Moreno e dos seus no Acevo.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.
Lugares de celebración:
Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime.
Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas:
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os xantares de campo).
Ata o 1 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.
Desde o 2 de outubro de 2019
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.
Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.
Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.