“Nós contra a violencia”

Dúas nenas xunto á actriz María Torres
Estampa do espectáculo ‘O rueiro das liortas’, de Elefante Elegante, que forma parte do programa

Programa que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero.

Segue adiante esta iniciativa que comezou xa no verán, programando actividades diversas, desde teatro a obradoiros, pasando por diferentes propostas musicais. A campaña desenvólvese no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e nela colaboran, alén do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Entre as actividades que se levarán a cabo no marco de Nós contra a violencia destacan accións como a peza teatral Mai Mai a cargo de Baobab Teatro, que trata temas como o empoderamento feminino ou a prevención da violencia. Tamén se inclúe o espectáculo O rueiro das liortas, de Elefante Elegante Teatro, unha obra que afonda no papel das mulleres nas relacións de parella.

No eido musical, terá lugar un concerto do grupo A Roda titulado A Roda da igualdade. mentres que tamén haberá obradoiros para pais e nais dentro do proxecto Igual-Son, que inclúe música, danza e contos para incentivar o uso do galego e reflexionar e educar en valores de igualdade. En paralelo, editarase unha guía educativa centrada na prevención da violencia de xénero para mozos e mozas e elaboraranse materiais educativos centrados nos riscos e potencialidades das redes sociais, así como un manual práctico de ferramentas educativas para previr a violencia contra as mulleres, entre outras iniciativas.

Toda a información e as datas das actividades poden consultarse nesta páxina do Portal da Lingua

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*