O martes 8 de outubro terá lugar a XII Xornada “Os recurso educativos en galego”: A educación científica e a conexión coa natureza, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A matrícula é gratuíta e está aberta até o 7 de outubro.
Desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte), co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:
- Coñecer os recursos eductivos existentes en lingua galega para a educación científica.
- Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.
- Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
- Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega.
O destinatario principal destas xornadas son o alumnado, o PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego na educación científica, así como profesionais interesados/as.