O documento define conceptos básicos como o de altas capacidades intelectuais (diferenciando precocidade intelectual, talento e superdotación intelectual), e alude á dobre excepcionalidade na que se xuntan altas capacidades intelectuais con necesidades específicas de apoio educativo. Así mesmo abórdanse cuestións como a identificación deste alumnado (mediante a avaliación psicopedagóxica), a intervención educativa.
“Trátase -en palabras da conselleira- de abordar a diversidade desde unha proposta inclusiva que implica que, valorando de forma positiva as diferenzas, se ofreza ao alumnado a resposta educativa que lle permita desenvolver ao máximo o seu potencial e acadar o éxito persoal e social”, segundo explicou a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, durante a segunda sesión das Xornadas de Formación Inicial de orientadores e orientadoras das etapas de Infantil, Primaria e ESO, onde se abordou, entre outros temas, a atención ao alumnado cos altas capacidades intelectuais.
Este Protocolo para a atención ao alumnado con altas capacidades intelectuais pretende ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, ao tempo que servir de guía tanto para prestar atención ás primeiras manifestacións desas capacidades como para as actuacións que deben levarse a cabo por todas as persoas que participan na educación dese alumnado.
Pode descargarse aquí: Protocolo altas capacidades