“Hoxe chegou as aulas, non sabemos como, unha rede cos obxectos realacionados co mar, un conto retransmitido pola nosa canle LEORUS e unha carta de Leoteca invitando a investigar.”
Así bota a andar este proxecto do do CEIP Canosa-Rus de Coristanco. No blogue da Leoteca en Rus podemos ler a carta que recibiu o alumnado e que comeza así:
“Ola nenas e nenos:
Estaba moi nerviosa pola chegada deste día. Paseime todo o verán no fondo do mar.
Gustoume tanto que me encantaría que aprenderades sobre o mar! Sabedes? A min
encántame ir á praia, bañarme no mar, xogar coa area, ver animais mariños, descubrir se
os piratas deixaron algún tesouro escondido, facer deportes de auga como surf,
piragüismo, remo, nadar, etc. Pero tamén estou un pouco preocupada porque as persoas
estás contaminando moito o mar e isto fainos dano a todo o mundo. (…)”