Rap-osiños, Baroubanda… Xa hai cartel para a final do Quero Cantar!

A gala final do certame Quero Cantar será no Teatro Colón da Coruña o domingo 24 de novembro ás 17:30 horas.

Bandas finalistas:
Rap-osiños (Laxe)
A música das baleas (Caión)
Baroubanda (Ames)
Veiga (Sada)
Isma Kalo (A Coruña)
Noa (Vila de Cruces)

Banda invitada:
Magín Blanco e a Banda das Apertas

Presenta: Sole Felloza

Entrada de balde con invitación. As entradas poden retirarse na billeteira do Teatro Colón (abre os días de función). Tamén reservándoas no enderezo querocantar@querocantar.gal e recolléndoas na billeteira o propio día

No disco deste ano acompañarán ás finalistas as seguintes bandas:
En-Brión-s (banda infantil da Esmu Magariños)
8 Notas (banda infantil do Ceip A Mahía, de Ames)
E-27 (banda xuvenil do IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña)
Starlight (grupo xuvenil formado pola pianista Sofía Silva)

O xurado do premio está composto polas seguintes persoas:
Presidente: Xosé Xurxo Couto Rodríguez
Vogais:
Xoana Veiga Martínez
Francisco Nogueiras Nodar
Pablo Andrés Díaz Carro
Bárbara Mourelo Novo
César Freiría Prado
Secretaria: Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción
Social, Cultural e Deportes, ou, no caso da súa ausencia, Manuela Muñiz
Souto, xefa da Sección de Cultura e Deportes.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*