II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera

Convócase o II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, a EASD Mestre Mateo, a Radio Galega, a Real Academia Galega, a Fundación Antonio Fraguas e o Parlamento de Galicia.

Características do certame

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 11 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 6º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes, tales como o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Os podcasts irán acompañados do texto que serviu de base para a súa elaboración.

Admitiranse solicitudes de participación ata o 28 de febreiro de 2020. O prazo de presentación de orixinais rematará o 17 de maio de 2020.

As bases en Escolas nas Ondas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*