Test do patrimonio inmaterial de Ponte…nas Ondas!

Actividade interactiva de outono con varios premios para os participantes.

Vai case medio século desde que o 16 de novembro de 1972 se asinou en París a Convención sobre Patrimonio Cultural e Natural. A Unesco puxo daquela as bases para a protección de lugares, monumentos e sitios considerados excepcionais, universais e únicos. Ademais, creou tamén a declaración de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade para estender a protección a festas, artes, prácticas e tradicións de pobos de todo o planeta. En recordo, cada 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial.

Aproveitando a recente efeméride, a asociación Ponte…nas Ondas!, que axiña cumprirá 25 anos de historia, achéganos un pequeno desafío en forma de trivial. Entre todos os participantes sortearán dous premios dunha noite para ata catro persoas nunha casa rural certificada por Galicia Calidade.

Preme aquí para participar no Trivial

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*