Carta de Nais polo clima á Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, COP25
Querida COP25
Decatámonos de que, aínda que segue presidindo Chile, finalmente terás lugar en Madrid, do 2 ao 13 de decembro. Dános pena que non fose no Sur, como estaba previsto, para as súas xentes era moi importante. Dito isto, xa que estás aquí, querida COP, queremos que escoites a voz dos nosos fillos e fillas.
A nosa proposta é que cada nena e neno escriba unha carta, como a que escriben aos reis magos, pero esta vez dirixida a esas persoas que deben facer cumprir os seus soños, os soños que teñen respecto a que planeta queren, como queren que as e os maiores o coidemos, que lles gustaría cambiar para ter un futuro mellor etc.
Propoñemos que estas cartas se lles envíen aos nosos representantes, que van estar nas mesas de negociacións, e que son quen ten os medios para defender os seus desexos, que tamén son os seus dereitos. Unhas cartas que empecen como esta…
#QueridaCOP25
Ademais, con elas montaremos un mural colaborativo na sede da COP.
Nesta web hai información sobre como participar na iniciativa de Nais polo Clima / Madres por el Clima para a COP25