XVIII Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”

Tíralle da lingua é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias…de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

A fase final desta XVIII edición ten lugar este xoves 28 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago (San Lázaro), no queparticipan máis de 900 escolares de todo o país, desde primaria a ensino postobrigatorio, en horario de 10:00 a 14:00h.

A alta participación dos centros, fixo desdobrar o concurso de forma simultánea por categorías. Ano tras ano, esta experiencia foise asentando nos centros de ensino, implicando ao profesorado cada vez máis, facendo unha fase previa nos centros para a selección de contadores e contadoras e historias que mañá se presentarán en Compostela. Este certame é posible grazas a colaboración da Deputación da Coruña

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*