Buscando a Palabra do Ano 2019!

O Portal das Palabras abre prazo para a recepción de suxestións deica o 15 de decembro.

Comeza a campaña para a elección da Palabra do Ano a través do Portal das Palabras, o proxecto web da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico galego.

A primeira fase, aberta a todas as suxestións, permanece aberta ata o 15 de decembro ás 23:59 horas.

A seguinte fase, de votación das palabras finalistas, pecharase o 25 de decembro ás 23:59 horas.

Hai agora un ano, e con máis da metade dos votos emitidos, os internautas escolleron “deseucaliptización” como a Palabra do Ano 2018. O termo sumou 3.114 apoios na iniciativa promovida polo Portal das Palabras. O vocábulo gañador, que reflicte un aspecto destacado na crecente preocupación social pola xestión do monte galego, impúxose aos outros cinco finalistas, todos eles cunha importante carga informativa relacionada con acontecementos que marcaron a actualidade dos últimos doce meses.

A segunda palabra máis popular foi, de feito, con 1.032 votos, feminismo, nun ano cheo de reivindicacións en todo o mundo da fin da desigualdade por motivos de xénero. Este ambiente tamén se reflectiu na presenza na final de sororidade, que acadou 641 votos, e apoderamento, con 316. Entre estes dous termos colocouse fariña, con máis de medio milleiro de votos nunha listaxe que pechou fascismo. En 2017 venceu afouteza, pero entre as finalistas estiveron vaga de lumes e a forma oposta á gañadora de 2018, eucaliptización.

Preme aquí para participar: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*