Educación convoca unha oferta pública de emprego (OPE) con 3.654 prazas

A Consellería anuncia a que cualifica como a súa maior convocatoria de emprego docente da historia.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais “a que é a oferta pública de emprego (OPE) docente máis ampla da historia, con 3.654 prazas”. O número de prazas para cada especialidade concretarase na convocatoria das oposicións, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, previsiblemente, dentro do primeiro trimestre do ano 2020.

Por corpos, o número de prazas distribúese do seguinte xeito:

Ingreso

Promoción interna (A2-A1)

Total

Mestres

747

747

Profesores de ensino secundario

781

260

1.041

Profesores técnicos de FP

363

363

Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (EOI)

30

38 (Cambio de corpo A1-A1)

68

Profesores de Música e Artes Escénicas

85

85

Profesores de artes plásticas e deseño

30

10

40

Catedráticos de Ensino Secundario (carreira profesional)

1232

1232

Catedráticos de EOI (carreira profesional)

50

50

Catedráticos de Artes Plásticas e Deseño (carreira profesional)

18

18

Inspectores de educación

10

10

TOTAIS

2.036

1.618

3.654

Desde a Xunta destacan que as oposicións de 2020 contarán con 363 prazas de novo ingreso para profesores técnicos de FP, “multiplicando por catro as prazas convocadas neste corpo en 2007, a OPE máis ampla ata o momento”.

Así mesmo, por primeira vez en 12 anos farase unha forte aposta polas prazas de catedráticos, co fin de permitir que o profesorado acade o cumio da carreira profesional docente. En total haberá 1.300 prazas para catedráticos de ensino secundario, de Escolas Oficiais de Idiomas e de Artes Plásticas e Deseño, o que supón triplicar as convocadas no 2007.

Razóns do adianto da OPE

A OPE deberá aprobarse en Consello da Xunta e publicarse no Diario Oficial de Galicia dentro deste ano 2019. Deste xeito o Goberno galego garante a convocatoria do maior número de prazas posible, aproveitando para os obxectivos de estabilización a coxuntura actual de certeza no referido á taxa de reposición que achega o artigo 19.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2017.

A norma establece que “as Administracións (oferta docente, entre outras) poderán dispor dunha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá ata o 90 por cento das prazas que estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016”. “As ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos Diarios Oficiais nos exercicios 2017 a 2019 e serán coordinados polos Departamentos ministeriais competentes”. Esta sería a razón da aprobación da OPE antes de rematar este ano 2019. “O obxectivo con esta acción é acadar una interinidade do 5% no ano 2020”, subliñan desde o executivo galego.

“Só hai 2.036 de oposicións reais”, quéixanse os sindicatos

A CIG foi especialmente crítica cunha OPE que segundo afirman “deixa aos pés dos cabalos a un número importante de docentes interinos, ao ser unha proposta que non ten para nada en conta a realidade do colectivo”. Quéixanse de que non se negociou cales deben ser os criterios que leven a tomar a decisión de que especialidades debe ser obxecto de oferta pública de emprego. Tamén critican que non se puxo en común os datos que dan lugar a tomar a decisión sobre prazas e especialidades. “Non se coñece ningún plan estratéxico a varios anos vista en función da idade do profesorado das diferentes especialidades e as posíbeis xubilacións nin as necesidades”, din. A avaliación completa premendo aquí.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*